miércoles, 19 de mayo de 2010

Se chove deixa chovere...


OS SERANDEIROS. Se chove deixa chovere from foucinhos on Vimeo.

Eiquí vos deixamos un video mostra do ben que o pasamos no serán e do ben que foi todo.
Moitísimas gracias a todas e todos os que vos pasástedes por alí. Gracias de verdade por facer que o II Serán de Boborás fora un día moi pero que moi grande, aínda caendo no día que caeu (día 1 de maio e coas nubes ameazando durante todo o día).
Finalmente non choveu e así nos burlamos do tempo! hehe
Pois máis nada, quedades convidados pra o 7 de Maio de 2011!!
Bicos Gordos!!

*Bicos tamén a quen non veu pero non por falta de ganas, moito ánimo!

miércoles, 14 de abril de 2010

II Serán de Boborás

II Serán de Boborás, o sábado 1 de Maio a partires das 20.00 horas no colexio de Boborás.
Esperámosvos alí cos vosos instrumentos, pero sobre todo con moitas ganas de bailar, cantar e pasalo ben!

martes, 13 de abril de 2010

Serandeiros máis que nunca

Levamos xa uns mesiños tomándonos moi a peito a nosa condición de Serandeiros. A verdade, este ano enganchamos nunha chea de seráns. Dende a Ruada Benéfica de Soutelo de Montes até o Serán de Angudes, pasando polo Serán de Toutón.
Pero aínda temos ganas de máis e o sábado 24 de Abril pasarémonos polo Serán Benéfico de Ribadavia.

Aproveito pra invitarvos ao II Seran de Boborás que xa estamos organizando e que será o sábado 1 de Maio no colexio de Boborás a partir das 20.00 horas.

*Déixovos un intento de artistada fotográfica (quedou só nun intento hehe). En fin, trátase dos nosos gaiteiros afinando diante da igrexiña de Angudes, moi feita por certo.

viernes, 8 de enero de 2010

Damos por inaugurado iste blog!

Boas a todas! Somos a Asociación Cultural ''Os Serandeiros'' e a partir de agora deixaremos eiquí plasmadas as nosas inquedanzas, as nosas pegadas por alí onde vaiamos, etc etc...
* Na fotografía, o material feito a man polo noso amigo artesán da gaita, o Sr. Arturo.