martes, 24 de abril de 2012

IV Serán de Boborás

Xa levaba moito tempo o noso blog abandoado... pero que mellor maneira de revivilo que convidándovos un ano máis ao noso serán. Querémosvos a todos o sábado 5 a partir das 22.30 no Colexio de Boborás.


Teremos moitas sorpresas pero sobre todo moita gana de troula. A beillaaaar como se non houbera mañá!!

miércoles, 19 de mayo de 2010

Se chove deixa chovere...


OS SERANDEIROS. Se chove deixa chovere from foucinhos on Vimeo.

Eiquí vos deixamos un video mostra do ben que o pasamos no serán e do ben que foi todo.
Moitísimas gracias a todas e todos os que vos pasástedes por alí. Gracias de verdade por facer que o II Serán de Boborás fora un día moi pero que moi grande, aínda caendo no día que caeu (día 1 de maio e coas nubes ameazando durante todo o día).
Finalmente non choveu e así nos burlamos do tempo! hehe
Pois máis nada, quedades convidados pra o 7 de Maio de 2011!!
Bicos Gordos!!

*Bicos tamén a quen non veu pero non por falta de ganas, moito ánimo!

miércoles, 14 de abril de 2010

II Serán de Boborás

II Serán de Boborás, o sábado 1 de Maio a partires das 20.00 horas no colexio de Boborás.
Esperámosvos alí cos vosos instrumentos, pero sobre todo con moitas ganas de bailar, cantar e pasalo ben!

martes, 13 de abril de 2010

Serandeiros máis que nunca

Levamos xa uns mesiños tomándonos moi a peito a nosa condición de Serandeiros. A verdade, este ano enganchamos nunha chea de seráns. Dende a Ruada Benéfica de Soutelo de Montes até o Serán de Angudes, pasando polo Serán de Toutón.
Pero aínda temos ganas de máis e o sábado 24 de Abril pasarémonos polo Serán Benéfico de Ribadavia.

Aproveito pra invitarvos ao II Seran de Boborás que xa estamos organizando e que será o sábado 1 de Maio no colexio de Boborás a partir das 20.00 horas.

*Déixovos un intento de artistada fotográfica (quedou só nun intento hehe). En fin, trátase dos nosos gaiteiros afinando diante da igrexiña de Angudes, moi feita por certo.

viernes, 8 de enero de 2010

Damos por inaugurado iste blog!

Boas a todas! Somos a Asociación Cultural ''Os Serandeiros'' e a partir de agora deixaremos eiquí plasmadas as nosas inquedanzas, as nosas pegadas por alí onde vaiamos, etc etc...
* Na fotografía, o material feito a man polo noso amigo artesán da gaita, o Sr. Arturo.