martes, 13 de abril de 2010

Serandeiros máis que nunca

Levamos xa uns mesiños tomándonos moi a peito a nosa condición de Serandeiros. A verdade, este ano enganchamos nunha chea de seráns. Dende a Ruada Benéfica de Soutelo de Montes até o Serán de Angudes, pasando polo Serán de Toutón.
Pero aínda temos ganas de máis e o sábado 24 de Abril pasarémonos polo Serán Benéfico de Ribadavia.

Aproveito pra invitarvos ao II Seran de Boborás que xa estamos organizando e que será o sábado 1 de Maio no colexio de Boborás a partir das 20.00 horas.

*Déixovos un intento de artistada fotográfica (quedou só nun intento hehe). En fin, trátase dos nosos gaiteiros afinando diante da igrexiña de Angudes, moi feita por certo.

5 comentarios:

  1. merda! borráronse tódolos comentarios!!! iso pásame por andar fuchicando!

    ResponderEliminar
  2. vas levar unha somaaantaaaa

    botouse a perder todo o licorka q trousera para a inaughurasión , boh

    ResponderEliminar
  3. eeeeee pero que dis! Se o bebimos tudo!!!!
    Non mintas larecha!!!!

    ResponderEliminar
  4. ah! eu tamén estaba ? vaites!naufraghou a neurona .....

    ResponderEliminar